Actualidad
No Comments GALIZA EMERXENTE
O vindeiro xoves 22 de novembro ás 20:30 terá lugar no histórico Paraninfo do IES Otero Pedrayo de Ourense a estrea do documental «Galiza Emerxente» , que gravei e co-dirixín con Elena R. Feijoó , Luís Martínez Risco-Daviña e Alba Prol Cid para a Fundación Vicente Risco.
O documental pretende transmitir unha mensaxe de optimismo sobre o futuro de Galiza a través de entrevistas a novos emprendedores de diversos ámbitos. Trata de ofrecer un punto de vista diferente ao que actualmente impera na nosa sociedade; que está a atravesar un momento crítico, no económico e no identitario.
Está dividido en seis entrevistas: André Arzúa (restaurador), María Estévez (empresaria), Guadi Galego (cantante e compositora), Mónica Guillán (deseñadora), José Luis Mateo (enólogo), Ruben Riós (produtor e actor) e Moisés Sanromán (distribuidor).
Aquí podedes ver o trailer do documental:
